Preocupación en Rianxo por unha nova suba no número de contaxios

RIANXO> O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, mostrou a súa preocupación por este novo incremento no número de casos positivos no municipio. Hoxe 41 casos activos, catro máis ca onte. Segundo el a situación non acaba de ser todo o boa que se desexa, con subas e baixas constantes no número de contaxios. Por esta razón fai unha chamada a veciñanza a non relaxarse e seguir cumprindo coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias.

Muíños fixo alusión tamén á interelación existente entre concellos no Barbanza, con alta mobilidade entre eles, de aí as dificultades para conter o ritmo de contaxios, que vai flutuando dun municipio a outro.

O rexedor rianxeiro referiuse tamén a que a Policía Local seguirá con man firme o cumprimento das medidas como o veu facendo ata o de agora

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí