RIBEIRA> A Escola Náutico Pesqueira de Ribeira cumpriu vinte e cinco anos. A directiva do centro decidiu conmemoralo por todo o alto cun acto institucional ó que asistiu a Consellería do Mar. Ó longo destes vinte e cinco anos, a escola náutica pesqueira de Ribeira tense convertido nun referente en toda Galicia. A ampla oferta formativa unida á incorporación das últimas novidades tecnolóxicas fai que cada ano saian destas aulas grandes profesionais do mundo do mar. Precisamente a Conselleira do Mar quixo recoller o guante lanzado polo director do centro co anuncio do incremento das inversións de cara ó próximo curso co facer máis atractiva a formación en materia pesqueira e garantir o relevo xeracional. Tamén o alcalde de Ribeira quixo agradecer o esforzo inversor da Consellería que permitiu consolidar a oferta formativa aínda que incidiu na necesidade de completala co ciclo superior de ponte e outras modalidades de formación non regrada. O acto concluíu cunha vista ás instalacións onde os asistentes puideron coñecer os navegadores de última xeración ou contemplar unha exposición de cartas náuticas e motores.
Inicio BARBANZA