Zona Centro sortea tres entradas dobres para o Celta-Deportivo

entradasfutbol copia.jpg CAMBADOS> É o premio que entregarán este ano como parte da campaña do 19 de marzo, día do Pai. O derbi será o 15 de abril.

{flowplayer}images/salnes/PAI_ZONA_CENTRO_290212.flv{/flowplayer}

Os comerciantes de Cambados Zona Centro queren ter este ano un detalle cos pais afeccionados ó fútbol, por iso este ano, con motivo do 19 de marzo, día do pai, sortearán tres entradas dobres para o vindeiro partido que enfrontará ó Celta e ó Deportivo o vindeiro 15 de abril.

Para poder entrar no sorteo haberá que cubrir unha das rifas que estarán a disposición de tódolos clientes que merquen nos comercios asociados. Cada establecemento recibirá un talonario con duascentas rifas nas que se indicarán os datos de contacto dos compradores.

O sorteo realizarase o día 23 de marzo á unha da tarde no centro comarcal de Expolsanés. As entradas xa están adquiridas e son en bancada de río.

Redacción Salnés