![]()
SALNÉS> Logo da elevada colleita do ano pasado, cómpre repoñer os nutrintes que perdeu a planta para favorecer o seu correcto desenvolvemento.
{flowplayer}images/salnes/COIDADO_VINEDOS_010312.flv{/flowplayer}
Nestes intres os viñedos están aínda en fase invernal. Isto quere dicir que as plantas están durmidas, pero a primavera adiantada que estamos a vivir fai temer ós viticultores unha brotación prematura, e o que preocupa é saber como podería afectar este feito á colleita final. Polo de agora continúase cos traballos de poda e aprovéitase para acondicionar o terreo das plantacións cos abonos precisos. O técnico de campo de Martín Códax Xaquín Martínez aconsella aproveitar estes momentos para detectar as carencias nutricionais da vide e compensar as reservas que perdeu a causa da alta colleita do ano pasado. Pero ese abonado debe ser progresivo, e aplicarse ó longo do ciclo da planta en función das súas demandas.
O ideal é que as plantacións posúan uns niveis equilibrados de nitróxeno, fósforo e potasa. Unha vez corrixida esta base haberá que comprobar, en función do PH da planta, o calcio e o magnesio.
Xaquín Martínez insiste na oportunidade de que o abonado se faga de xeito escalonado, para evitar que se poidan perder nutrintes por mor das chuvias e que finalmente a vide quede con carencias que afecten á cantidade de calidade dos froitos.
Non hai que esquecer que canto máis fértil sexa o chan mellor se vai desenvolver a planta. Aportar o mesmo que extraemos coa colleita é o segredo para manter uns solos equilibrados.
Redacción Salnés








