![]()
VILANOVA> A taxación económica será a referencia que tomen para fixar a oferta a presentar en sobre pechado ante a Axencia Tributaria.
{flowplayer}images/salnes/DURAN_HUMANIZACION_ESTEIRO.flv{/flowplayer}
Polo de agora o executivo vilanovés non desvela o resultados das dúas peritaxes realizadas ó Pazo de Vista Real. Primeiro porque non queren que se coñeza a oferta que realizarán polo edificio ante a Axencia Tributaria, e segundo porque queren que sexa a xunta de portavoces municipal os primeiros en coñecelo. Comunicaranllo o martes, e serán eles os encargados de determinar a contía final da oferta.
Mentres, o concello traballa noutros proxectos de calado para o municipio, coma é o proxecto do balneario do Terrón, cada vez máis preto de ser unha realidade. Polo momento a vindeira semana comezarán a construír unha pista polideportiva municipal ó carón da zona do campo de fútbol do Terrón.
Outra das actuacións previstas para os vindeiros días é a construción dunha baranda no litoral do Esteiro para convertelo nunha especie de paseo. Unha obra que se completará con varias melloras nas beirarrúas.
O alcalde vilanovés, Gonzalo Durán, engadiu que xa concluíron as obras de drenaxe da Praza do Cabo e na Casa de Martínez, dous puntos do casco urbano nos que eran frecuentes os asolagamentos.
Redacción Salnés










