A Gardería de Pontecesures mellora a súa parte traseira

PONTECESURES> A Gardería de Pontecesures remodelou a súa parte traseira, onde os nenos agora poden xogar con máis comodidade. Unha intervención que foi financiada no seu total pola Xunta de Galicia, e na que se investiron algo máis de 17.000 euros, tal e como afirmou o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
O parque da Escola Infantil de Pontecesures loce así despois das obras de mellora que nela ser realizaron e que constituían unha necesidade para esta escola, na que conviven uns 60 cativos.
Unhas melloras que consistiron en diferentes traballos.
Ata o centro achegáronse o alcalde e varios edís municipais, que estiveron acompañados polo Delegado da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e a responsable do centro. Cores Tourís sinalou que a intervención foi financiada ao completo pola administración autonómica cun custe de algo máis de 17.000 euros con cargo a liña de axudas para escolas infantís municipais.
Dende o concello sinalan a importancia de solucionar problemas que teñen que ver coas instalacións educativas. Vidal Seage, aproveitando a presenza do delegado territorial, para insistir na necesidade de crear unha zona cuberta na escola para que os rapaces poidan saír ao patio a pesar da chuvia.