O proxecto definitivo do porto deportivo coñecerase en febreiro

    porto_grove_3 copia.jpg O GROVE> As opcións son: construírlo no Con das Señoritas, no Corgo ou mantelo nesta zona interna trasladando a actividade mexilloeira a Meloxo.

    {flowplayer}images/salnes/PTE_PORTOS_GROVE.flv{/flowplayer}

    As tres alternativas foron presentadas polo presidente e técnicos de Portos de Galicia ós membros da corporación local. É a última reunión entre Xunta e representantes da sociedade meca antes de decidir a alternativa definitiva, que se comunicará en febreiro.

    Unha vez rematada esta rolda de contactos Portos de Galicia considera que xa ten a información suficiente para valorar cal será a mellor proposta. Desde o concello do Grove téñeno claro e así llo trasladaron esta mañá a través dun escrito asinado pola maioría de colectivos sociais e económicos da vila: desde a confraría ata os mexilloeiros pasando por comerciantes, operadores turísticos ou asociacións vinculadas a deportes náuticos. Todos coinciden na necesidade do porto deportivo para o Grove, e a mellor solución sería a segunda opción proposta pola Xunta: construír un novo porto pesqueiro no Con das Señoritas, e unha vez se trasladen alí mariñeiros e bateeiros, comezar co porto deportivo na zona do Corgo. Aínda que desde o concello meco van máis aló.

    Para o alcalde José Antonio Cacabelos, con esta opción todo son vantaxes: dotarase de novas instalacións ós profesionais do mar, máis modernas e con algo máis de capacidade das actuais, separaranse as zonas de traballo das de ocio, evitando que o tránsito de turistas poida entorpecer as labores dos mariñeiros e revitalizará a economía da vila. 

    Tódolos grupos da corporación que asistiron á xuntanza coincidiron na defensa deste proxeco, con algún que outro matiz, agás Alternativa Meca que optou por non pronunciarse alegando que ata esta mañá non tiña documentación que lle permitira valorar as distintas propostas. As outras dúas serían construír a dársena deportiva na zona exterior do porto ou ben no interior pero trasladando a actividade dos mexilloeiros a Meloxo.

    Redacción Salnés