As melloras da praia da Carabuxeira poderán estar rematadas antes do verán

SANXENXO> Avanzan as obras de mellora do acceso á praia da Carabuxeira en Sanxenxo. A Xunta investirá máis de 35 mil euros para esta reforma. Espérase que estea rematada no próximo mes.

A Xunta de Galicia segue co seu proxecto de mellora da seguridade viaria no treito entre Pontevedra e a Lanzada. Entre estas reformas atópase a rehabilitación do acceso a praia da Carabuxeira. O alcalde de Sanxenxo sinalou a importancia desta obra.

Os traballos están a desenvolverse á altura da avenida de León. Coa reforma ampliarase a beirarrúa e mudarase a escaleira actual por outra máis grande que será accesible para todas as persoas. O custo da obra é de 35 mil euros.

O Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra destacou as melloras que o organismo autonómico está a facer nesta localidade.

A obra ten de prazo tres meses para executarse pero dende o concello esperan que poida estar rematada o próximo mes.