As Xuventudes Socialistas organizan un concurso de talentos solidario

    CAMBADOS> E nestes tempos de crise hai quen inviste o seu tempo libre e esforzos en traballar para os que peor o están pasando.

    {flowplayer}images/salnes/xxss_cambados_luscofusco.flv{/flowplayer}

    É o caso das Xuventudes Socialistas de Cambados que trala grata experiencia do acto solidario que fixeron en Nadal, agora retoman a súa faceta máis solidaria organizando un concurso de talentos en beneficio de Esperanza Salnés. Este proxecto ten por nome Luscofusco.

    É un concurso de talentos, do tipo do Tú si que vales; onde xente de tódalas idades poderá demostrar o seu bo facer artístico sobre o escenario. Poden cantar, bailar, actuar ou calquera outra don que se teña. Abonda con apuntarse a partir de hoxe nun dos moitos lugares disposto pola organización ó logo do Concello. O prezo por inscribirse será de 5 euros. Os 25 mellores actuarán nunha gala que terá lugar no Auditorio da Xuventude de Cambados o vindeiro 18 de Marzo, ás 5 da tarde. O prezo da entrada será de dous euros.

    Os premios serán simbólicos. Desde Esperanza Salnés agradeceron este e outros moitos xestos altruístas que están a realizar nos últimos días as distintas asociacións cambadeses co fin de axudar a súa situación económica ó borde da creba. Antes deste acto, xa esta fin de semana haberá o domingo no Pabillón do Pombal unha exhibición de artes marciais, tamén a beneficio de Esperanza Salnés.

    Redacción Salnés