Preocupación entre os veciños polos vertidos no río Currás

    rio_curras_concello_copia100.jpgVILANOVA> As obras de saneamento provocan vertidos de augas fecais no caudal, unha situación que o concello asegura que é pasaxeira.

    {flowplayer}images/salnes/RIO_CURRAS_CONCELLO.flv{/flowplayer}

    Augas turbias e con escuma. Este é o aspecto do río Currás nos últimos días. Un problema recurrente na zona, pero que empeorou dende esta fin de semana. O concello sinala ós traballos de Augas de Galicia para mellorar o sistema de saneamento do río como os causantes. O alcalde, Gonzalo Durán, asegura que os vertidos son controlados.

    As obras da Xunta están destinadas a reparar o colector en mal estado do Currás e a instalación dun novo bombeo, que complemente ó actual. Uns traballos para os que Augas de Galicia dispuxo un orzamento de 200 mil euros.

    A desembocadura do río é unha das zonas máis castigadas polos vertidos. Os veciños aínda recordan cando podían beber a auga. Sen embargo, na actualidade o cheiro non lles deixa abrir nin as ventás da casa.

    Durán recoñece a molestia que os vertidos supoñen para os veciños, pero asegura que a obra rematará con este problema. Por iso, pide paciencia.

    Segundo o alcalde, unha vez que o novo mecanismo comece a funcionar as augas do río tardarán aproximadamente dúas semanas en recuperarse. Durán tamén asegurou que as obras quedarán rematadas esta fin de semana.

    Redacción Salnés