Expoferta chega o 6 de marzo convertida en feira de inverno

    expoferta_100_250209.jpgVILAGARCÍA> A cuarta edición do Salón de Oportunidades estará aberta a comerciantes de dentro e fóra da comarca.

    {flowplayer}images/salnes/250209_Expoferta.flv{/flowplayer}

    Tres mil cincocentos metros cadrados de feira, 80 postos e case un cento de expositores. Estas son as cifras coas que o vindeiro seis de marzo se inaugurará a cuarta edición de Expoferta, un salón que chega con novidades. Logo de que o ano pasado se aprazara pola baixa participación, nesta ocasión a feira de oportunidades trasládase do verán ó inverno e acolle comercios non asociados a Zona Aberta. Este aumento da participación permitirá abrir o salón a novos sectores. O que si se manterá é o carácter lúdico de Expoferta, que contará con cafetería e zona de recreo para nenos.

    Expoferta está organizada pola Fundación Fexdega en colaboración coa Asociación de Comerciantes Zona Aberta. Unha oportunidade para dinamizar o comercio da vila e crear maior riqueza na comarca, xa que agardan que moitos visitantes se acheguen neses días a Vilagarcía atraídos pola feira de rebaixas.

    A feira celebrarase no recinto de Fexdega do seis ó oito de marzo. O horario de apertura será continuo, de doce da mañá a dez da noite, e o prezo da entrada será dun euro.

    Redacción Salnés