![]()
ROSAL> Este destacou, no seu discurso, que o viño nesta subzona supón unha parte fundamental da vida da súa xente, da súa cultura e da súa economía.
{flowplayer}images/salnes/FESTA_VINO_ROSAL_160712.flv{/flowplayer}
Javier Castro Pérez foi o pregoeiro da vixésima Feira do Viño do Rosal. Co seu discurso dábase paso a unha festa que se prolongaría durante toda a fin de semana. Entre outras cousas, este catedrático destacou as peculiaridades dos viños desta subzona da DO Rías Baixas.
O acto contou ademais coa presenza do Conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez. Este afirmou que o viño é unha peza fundamental dos habitantes desta subzona, da súa vida e da súa economía. Precisamente por iso, o dirixente autonómico puxo de relevo o traballo que fan tanto adegueiros coma viticultores e hostaleiros.
Pola súa banda, o Presidente da Deputación de Pontevedra falou da aposta que están a facer desde o ente provincial por dinamizalo sector. Un exemplo delo, dixo, é a Ruta do Viño Rías Baixas onde están incluídas adegas do Rosal.
E Louzán tamén tivo palabras para os afectados polas preferentes que se desprazaron ata a praza do Calvario do Rosal para manter un encontro co Conselleiro. Manifestou o seu desexo de que a súa situación, que cualificou de inxustiza, se resolva canto antes.
Durante os tres días que durou a festa, onde tamén acompañou o tempo, os asistentes puideron gozar dos viños das 14 adegas que participaron co seu stand e da oferta gastronómica de seis restaurantes.
Redacción Salnés











