Investigan o incendio dunha planeadora durante a Noitevella

    incendioplaneadorapobra.jpgPOBRA> Un incendio rexistrado esta fin de semana destrueu por completo unha planeadora atracada nos pantaláns da dársena pobresa.

    {flowplayer}barbanza/incendioplaneadorapobra.flv{/flowplayer}

    Ó parecer o suceso producíase ó redor das doce e vinte da madrugada da noite de fin de ano. A voz de alarma partiu dos propios empregados do club náutico que avisaron ós equipos de emerxencia que rapidamente se personaron na dársena para iniciar os labores de extinción do incendio.

    As primeiras hipóteses sobre o acontecido indican que se tratou dun incendio intencionado.

    Redacción Barbanza