BOIRO> Os amantes do ciclismo teñen unha cita este domingo en Boiro. A BTT Bealo Party reunirá a máis dun cento de ciclistas chegados de toda Galicia. Poderán elixir entre a ruta longa de 54 quilómetros ou apostar polo percorrido curto, de 37.
O que comezara sendo un encontro entre amigos converteuse xa nunha ruta ciclista consolidade que acada este ano a súa novena edición. A BTT Bealo Party congregará en Boiro a un cento de participantes
A saída está prevista ás nove da mañá dende o campo da Lomba. Os participantes poderán elixir entre os dous percorridos alternativos.
Trátase dunha ruta non competitiva cunha dificultade técnica baixa que ten por obxectivo fomentar a práctica deportiva e dar a coñecer algúns dos encraves naturais máis fermosos de Boiro e poñer en valor o camiño A Orixe.
As inscricións poden realizarse ata esta medianoite na web bealoparty.wordpress.es. Aqueles que non o fagan poden anotarse o mesmo día no punto da saída da ruta.