Condenan a 18 anos de prisión a Antonio Pouso por ‘asasinato aleivoso’

    veredicto_cristian100.jpgPONTEVEDRA> Xa hai sentencia para o autor material da coitelada que acabou coa vida do mozo da Illa Cristian Willisch en setembro de 2007.

    O maxistrado da sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 19 anos de prisión a Antonio Pouso Aído por consideralo autor dun asasinato aleivoso. O maxistrado atende o veredicto do xurado popular e secunda así a tese da acusación particular.

    A sentencia considera que Antonio Pouso lle propinou a Cristian unha coitelada única e certeira que acabou coa súa vida. Afirma ademais que ese ataque foi rápido e que a vítima non puido defenderse. Destaca tamén a brutalidade deste crime e que o seu autor material non se mediu por ter el 20 anos e enfrontarse a un mozo de 18.

    O maxistrado indica ademais que Pouso non amosou ningún tipo de emoción no xuízo. Nesta vista tamén foron procesados dous amigos de Antonio Pouso, ós só o fiscal acusou dun delito de encubrimento. A sentenza absólveos ó non quedar probada a súa implicación neste suceso.

    Redacción Salnés