Beiras activa o Encontro Irmandiño na Comarca de Caldas

    CALDAS> Os membros do Encontro Irmandiño, a corrente nacionalista que se ven de excidir do BNG, celebrou onte unha asemblea aberta…

    {flowplayer}images/salnes/encontro_irmandino_caldas.flv{/flowplayer}

    .. en Caldas de Reis; unha xuntanza de bases que estivo presidida polo histórico líder Xosé Manuel Beiras; co fin de falar do futuro deste colectivo tendo en conta o parecer dos militantes e da cidadanía en xeral.

    O cofundador do BNG, Xosé Manuel Beiras escenificou así a activación do Encontro Irmandiño como grupo alén do BNG nesta comarca; seguindo as máximas de rexeración democrática desta corrente de esquerda co fin de que estea máis vencellada ás necesidades do pobo galego e da súa autodeterminación democrática e pacífica.

    Este histórico nacionalista resumiu dun xeito didáctico os pormenores que levaron á separación desta corrente no seo do Bloque. Malia a súa postura crítica ca maioría numérica do BNG, liderada pola UPG, Beiras asegurou que o Encontro Irmandiño non ía a supoñer unha alternativa política nas urnas co partido frontista, senón que o inimigo á bater era outro.

    Beiras falou tamén da corrente Máis Galicia da que aseguran que esperarán a súa decisión respectuosamente, por se quixeran sumarse a esta fronte común de esquerdas; aínda que sen urxencia algunha.

    Redacción Salnés