A USC afondará desde Vilanova na historia e arte do Salnés

    VILANOVA>

    A Universidade de Santiago de Compostela escolle un ano máis Vilanova para centrar un dos seus cursos de verán. Será entre o 20 e o 23 de xullo, nesta ocasión centrado na ‘Arte, Historia, Xeografía e Cultura na Comarca do Salnés’.

     

     

    A conexión desta terra como unha das portas de entrada da peregrinación a Santiago guiará o programa. Pode participar calquera persoa interesada. No caso de mestres de instituto, outorgarase título homologado.

     

    Para alumnos universitarios o curso será recoñecido con dous créditos optativos no caso de Graos, de Libre Elección para diplomaturas, Mestres, enxeñarías, enxeñarías técnicas e licenciaturas. O prazo de matrícula xa está aberto e desde a Universidade apuntan que as inscrición van a moi bo ritmo. Deben realizarse a través da web da USC. A taxa xeral é de 120 euros, 70 no caso de universitarios, estudantes de Formación Profesional ou Bacharelato, pensionistas, desempregados e persoal da USC.

     

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/CURSOUSC.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/CURSO_USC.mp4{/flowplayer}