Veciños de Areas esixen ó Concello a recollida de augas pluviais

    areas100_220408.jpgSANXENXO > Desde hai anos uns veciños de Areas, en Sanxenxo, están en pé de guerra co Concello para que lles solucione o asolagamento

    … que padecen en canto chove. A solución para eles pasa por facer unha recollida de pluviais.

    areas200_220408.jpgOs veciños da rúa Areas de Sanxenxo levan anos reclamando unha recollida de augas pluviais para solucionar os problemas de asolagamento que padecen cada vez que chove. Tele Salnés Barbanza constatou hoxe como en cuestión de poucas horas o acceso ás súas vivendas se vía tapado por un enorme charco de auga. Nalgunhas ocasións, a auga chega a pasar ás súas propiedades causando danos en garaxes e baixos e mesmo nalgunha instalación eléctrica.

    Os veciños afirman que hai tres meses se puxeron de novo en contacto co Concello sen ter aínda resposta. Para eles a solución pasa por reconducir as augas pluviais, ben cara a rede de sumidoiros, ben cara a praia de Areas. Estes veciños esperan que o Concello atenda as súas demandas e arranxe canto antes este problema.

    Redacción Salnés