Xestión conxunta de servizos para abaratar custes

    reunion_alcaldes100.jpgPONTEVEDRA> Deputación de Pontevedra, Concellos e Xunta iniciaron esta mañá o camiño para conseguir unha xestión conxunta de residuos.

    {flowplayer}images/salnes/reunion_concellos_deputacion.flv{/flowplayer}

    O sesenta por cento dos municipios desta provincia xestiona de xeito directo este servizo, e o que se pretende é mancomunalo ó igual que xa se fixo coa recadación de tributos ou co subministro eléctrico.

    Para falar disto, no Pazo Provincial reuníronse o alcaldes e deputados provinciais, amais do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández. A Xunta, ó igual que a Deputación, avoga pola xestión e uso compartido deste tipo de servizos, xa que entende que axuda a reducir custes e beneficia ó cidadán.

    Na xuntanza tamén se propuxo a xestión conxunta doutros servizos como a recollida de animais ou a equiparación das taxas de auga.

    Redacción Salnés