Rianxo pecha a maior parte dos bancos marisqueiros ante a caída dos prezos

    RIANXO> Malos tempos para os mariscadores arousáns. O pósito de Rianxo viuse obrigado a pechar as súas concesións tan só unhas semanas despois do inicio da campaña. A escaseza de marisco e a ausencia de cría preocupan á directiva que solicitará un estudo para determinar as causas da caída da produtividade. Case un mes despois da apertura da campaña en Ribeira, a confraría optou por parar a actividade ante a caída dos prezos. A cotización da ameixa babosa, que nas primeiras xornadas viña alcanzado prezos bastante elevados, caeu en picado obrigando ó peche das concesións. A esta drástica caída dos prezos súmase a escaseza de cría que os mariscadores están a observar nos seus bancos. A intención da confraría é encargar un estudo para determinar as causas da ausencia de marisco, que podería estar motivada polo aumento das chuvias deste inverno.