![]()
POIO> Terá lugar este domingo e nel participará unha trintena de nenos. A inauguración da feira de oportunidades será o venres 9 ás seis da tarde no Pavillón de Deportes.
{flowplayer}images/salnes/PTAC_POIOMOSTRA_2011.flv{/flowplayer}
Máis de 30 establecementos participarán este ano na Poimostra. A feira de oportunidades cumpre a súa terceira edición co obxectivo de converterse nalgo máis que un mercadiño de saldos. Sirva como exemplo que algunhas das entidades participantes non venderán ningún tipo de artigo, senón que se dedicarán a promover os seus produtos entre os clientes que se pasen polo Pavillón Municipal de Deportes. É o caso de inmobiliarias, un comercio de alarmas, firmas de nova creación no municipio ou clínicas. Por suposto tamén haberá roupa, calzados e decoración. Como anticipo da mostra, este domingo organizarase un desfile no que oito comercios amosarán os seus artigos.
Parte do desfile contará con música do grupo local ‘Cartas a Julieta’, que ofrecerá tamén un pequeno concerto. O venres día nove ás seis da tarde terá lugar a inauguración da Poiomostra, unha apertura na que a asociación de comerciantes locais renderá homenaxe a unha das empresas históricas da localidade: Pescamar.
A Poimostra continuará no sábado e domingo con horario ininterrompido de once da mañá a nove da noite.
Redacción Salnés









