Multa de 540 euros e un ano sen carné por circular a 177km/h

    mozos_carreira_ilegacopy.jpgCALDAS> Esta é a pena que terán que cumprir os dous mozos que foron sorprendidos esta fin de semana circulando a 177 km/h nunha estrada de 70.

    {flowplayer}images/salnes/DECLARAN_MOZOS_CARREIRA_ILEGAL_VALGA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá foron xulgados en Caldas de Reis os dous mozos que foron sorprendidos pola Garda Civil de Tráfico circulando a máis de 170 km/h pola Nacional 550 ó seu paso por Valga.

    Aínda que se trataba dun xuízo rápido os dous acusados, naturais de Caldas de Reis e de Valga, saían dos xulgados pasadas as dúas da tarde. Inicialmente o fiscal pedía para ambos un ano e medio de privación do carné de conducir e unha pena de cárcere de catro meses e medio ou unha multa de tres euros ó día durante nove meses.

    Ó chegar a conformidade coa multa, os imputados só pagarán 540 euros cada un, tres euros ó día durante seis meses, e terán só un ano de privación do carné de conducir.

    Segundo o Fiscal, ningún foi xulgado por un delito de condución temeraria ó entender que non se puxo en perigo a integridade física de ningunha persoa.

    A diferenza entre ambos estivo en que o que non foi captado polo radar xa conducía sen carné porque xa perdera tódolos puntos. Para el celebrouse a continuación outro xuízo rápido. A maiores só terá que cumprir 32 días de traballos en beneficio da comunidade.

    Segundo a Garda Civil, non teñen constancia de que na actualidade se practiquen carreiras ilegais na comarca.

    Redacción Salnés