![]()
PONTEVEDRA> Declararán con outros dous pontevedreses na Audiencia por un operativo contra o tráfico de drogas a pequena escala realizado no 2008.
As pescudas relacionadas con este caso remóntanse ó ano 2008, cando a Policía Nacional detivo a once mozos, algúns deles da comarca da Arousa, no marco dunha operación contra o tráfico de estupefacientes a pequena escala. Os catro que mañá comparecerán na Audiencia Provincial de Pontevedra están acusados dun delito contra a saúde pública por ter trapicheado presuntamente con varias cantidades de hachís e cocaína. Dous son asousáns. Un mozo de trinta anos veciño de Sanxenxo e a súa parella, unha vilagarciá de 28 anos.
No seu escrito, o Fiscal relata que nos rexistros realizados no 2008 polas forzas de seguridade se lles atopou no seu domicilio de Sanxenxo varias bolsas con algo más de cinco gramos de cocaínda, substancias de corte e notas con apuntamentos de vendas realizadas. Para eles solicita catro anos de cadea e sendas multas de 1.241 euros.
Os outros dous acusados son un pontevedrés de 26 anos alcumado ‘Mortadelo’ e un veciño de Porriño de 25. Para o primeiro o Ministerio público pide catro anos de prisión e unha sanción de case vinte mil euros ó considerar probado que lle vendeu dúas botellas de hachís a outro dos acusados e por atopárselle 2,8 quilos desta substancia no seu coche, ademais de contar con antecedentes por narcotráfico. Para o porriñés solicita unha pena de catro anos e medio de cárcere e case tres mil euros de multa logo de que a Policía interceptase no seu coche un calcetín cunha bolsa con 49 gramos de cocaína.
Redacción Salnés








