O cura de Vilalonga oponse á festa do Carme nas Cachadas

    comision_100.jpgSANXENXO> A localidade de Vilalonga, en Sanxenxo, podería deixar de celebrar este ano a tradicional romaría da Virxe do Carme, alomenos…

     {flowplayer}images/salnes/130409_polemica_festas_carme_vilalonga.flv{/flowplayer}

    … como o viñan celebrando ata o de agora desde fai máis de 50 anos. A razón deste contratempo co que se atopa a comisión de festas hai que buscala na negativa do cura párroco a facer unha procesión ata o lugar das Rouxiques, onde se oficiaba unha misa de mañá, para logo seguir ata á explanada das Cachadas, onde se realiza unha comida campestre antes de volver de novo á Igrexa de San Pedro de Vilalonga.

    Como alternativa o cura proponlles simplemente realizar unha misa nesta igrexa e logo facer unha sinxela procesión ó redor dela. Unha proposta que non convence á comisión.

    O ano pasado, este mesmo cura, Don Aurelio, oficiou a cerimonia e a procesión tal e como é tradición nesta localidade, polo que os veciños non entenden a súa reacción deste ano.

    Esta comisión de festas, tras varias negativas do cura, organizou onte unha asemblea informativa cos veciños na que obtiveron o seu respaldo. Agora van a intentar outras posibilidades para conseguir que ou ben o cura de Dena entre en razón, ou ben que sexa outro relixioso o que se ocupe de celebrar a tradicional cerimonia a celebrar o vindeiro 16 de xullo.

    Redacción Salnés