A confraría de Cambados vese abocada ó ERE

     CAMBADOS> Ante a caída de ingresos en 2012 o pósito vese obrigado a reducir o gasto de persoal.

    {flowplayer}images/salnes/EreConfrariaCambados.flv{/flowplayer}

    A confraría de Cambados tomará medidas para reducir o seu gasto no capítulo de persoal. Así o confirmou esta mañá o patrón maior, quen asegura que non é prato de bo gusto pero que en vista da situación non lles queda outra. A opción que máis peso cobra é a do ERE, pero sexa como sexa, Benito González asegura que será unha medida consensuada cos traballadores.

    Nestes momentos son 24 os traballadores cos que conta a confraría de Cambados. Repartidos entre o persoal administrativo, o da lonxa, os vixilantes e o da fábrica de xeo. Todos eles veranse agora afectados por unhas medidas que a pesares de seren duras, son necesarias.

    Non é o pósito cambadés o único afectado por esa situación. Outras confrarías comezaron tamén a tomar medidas, A Illa xa tivo que levar a cabo despedimentos e baixadas de soldos e Vilanova tamén baralla a posibilidade de regular a situación de cara a este ano que comeza.

    En canto ós motivos que provocaron este descenso nos ingresos, sobre todo a baixada dos prezos do marisco e a mortaldade tanto de berberecho como de ameixa, as riadas deste ano fixeron grandes estragos.

    Pois mentres se negocia a mellor solución para esa redución do persoal. Buscaranse xa alternativas para mellorar os ingresos neste ano. Unha delas, esas negociacións co sector do cerco para evitar que continúen marchando as ventas cara a lonxa de Ribeira.

    Redacción Salnés