SANXENXO> O tempo non está a acompañar no arranque das vacacións desta primeira quincena de xullo. Así e todo, no sector turístico de Sanxenxo amósanse esperanzados en que a temporada de verán sexa boa. Confían en que xullo acabe remontando e que agosto manteña os seus datos habituais, como o mes por excelencia das vacacións estivais.
A dous de xullo, esta sería a estampa habitual de calquera praia de Sanxenxo. Pero este ano o panoraba é ben distinto: as praias están baleiras porque o sol e a calor se están a resistir máis do habitual.
No sector agardan que esta non sexa unha mala tempada. Á espera do sol, salientan que a localidade ofrece moitas alternativas de calidade, cunha chea de propostas de ocio e descanso. Confían en que os datos de xullo acaben mellorando e que agosto se manteña, como é habitual, no mes por excelencia das vacacións de verán.
En Sanxenxo xullo adoita ser un mes bo. Con todo, os hostaleiros queixanse de que as estías son moi curtas. Dende o Consorcio de Empresarios Turísticos apuntan que esta tendencia cada vez é máis habitual, non só en Sanxenxo. Explican que o xeito de practicar turismo está mudando e que os visitantes prefiren vacacións fraccionadas ó longo de todo o ano.
A falta dunhas previsións detalladas, o presidente de CETS estima que o balande deste verán debería ser, polo menos, tan bo como o do ano pasado. No 2017, xullo pechou na provincia de Pontedra cunha ocupación do 84%. no mes de agosto, a cifra incrementouse ata o 91%, facendo do do ano pasado un verán de récord en canto a ocupación.