A Xunta financiará unha senda peonil en Punta Moreiras

    O GROVE> A Xunta de Galicia vai a financiar o acondicionamento dunha senda peonil no Grove para poñer en valor o Centro de Interpretación da…

    {flowplayer}images/salnes/proxecto_punta_moreiras_080312.flv{/flowplayer}

     … Pesca e da Salga, o CIPES, de Punta Moreira, neste lugar de Reboredo na parroquia de San Vicente. A Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, coñeceu esta tarde máis de preto estas instalacións, da man do alcalde, Miguel Ángel Pérez. Con el comprobaron sobre o terreo a futura ubicación do proxecto de acondicionamento deste entorno, que se pretende levar a cabo.

    Este camiño de unión entre o Museo da Salga e o Centro de Interpretación da Pesca e da Salga estará composto por unha base de macadam compactado e outra a base de pasarela de madeira, naqueles lugares onde haxa desniveis no terreo.

    Con esta actuación, sufragada na súa totalidade polo departamento autonómico, acondicionarase este contorno natural no que os visitantes poderán pasar o seu tempo de lecer ampliando coñecementos sobre os sectores da pesca, o marisqueo, a cordelería, a carpintería de ribeira, a actividade conserveira, a fabricación de redes e a elaboración dos tradicionais colares de cunchas da Toxa.

    Redacción Salnés