O concello deberá redactar un manual de procedementos sobre el proxecto “Vilagarcía Avanza”

    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía deberá elaborar un manual de procedementos para rematar a tramitación dos fondos FEDER aos que accedeu ao ser seleccionado o programa “Vilagarcía Avanza”. 

     

    O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela e a edil de Urbanismo, Paola María, participaron nas xornadas informativas convocadas polo Ministerio das Administracións Públicas  co obxectivo de orientar os 83 municipios españois que recibiron estes fondos, ao longo da súa complexa tramitación. 

    O primeiro paso será elaborar o manual de procedemento correspondente ao proxecto presentado, o “Vilagarcía Avanza”. A idea é telo rematado a finais de ano para presentalo ao organismo avaliador, e se cumpre os parámetros establecer os prazos de execución. Aínda que polo de agora non hai unha data estimada de inicio. 

    A concesión dos 5 millóns de euros de subvención supón o 75% do custe das actuacións do “Vilagarcía Avanza”, tendo o concello a obriga de aportar o 25% restante. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/08/varela_feder_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/08/varela_feder_vilagarcia.mp4{/flowplayer}