A Lanzada é do Grove

O GROVE> Ponse fin a un histórico litixio. A xustiza di que a Lanzada pertence ao Grove. Logo de anos de loita xudicial, o contencioso administrativo falla a favor do concello meco, desestimando os recursos presentados polo concello de Sanxenxo e os comuneiros de Noalla.

A xustiza teno claro: A Lanzada non pertence a Sanxenxo. O xulgado do contencioso número 3 de Pontevedra vén de fallar a favor do Grove neste histórico litixio. O tribunal desestima os recursos do Concello de Sanxenxo e dos Comuneiros de Noalla que recorreran no 2018 a resolución que determinaba que os terreos en litixio non eran da súa propieade.

Agora, a xuíza entendeque os  comuneiros de Noalla estiveron facendo uso de parte do monte que reclamaban. Apunta  que estes terreos son de dominio público marítimo terrestre e que non se empregan para os usos tradicionais que contempla a lei.

O Concello do Grove agarda que con esta resolución se resolva de xeito definitivo a pelexa pola titularidade da Lanzada.

O goberno local meco lamenta a perda de recursos e o alto custo que implicou o proceso xudicial, iniciado no ano 1984.

Para o concello, o importante é que o asunto morra aquí, centrándose a partir de agora no importante: a conservación do espazo.