Flores e doces: os clásicos de San Valentín que nunca fallan

CAMBADOS> Hoxe é San Valentín. Pasterías e florerías convértense nesta xornada en punto de encontro para eses namorados que andan á procura dun detalle para agasallar á súa parella. Os clásicos como pasteis, bombóns ou un ramo de flores seica nunca fallan. Nos estivemos de compras polo Día dos Namorados en Cambados.

Marta traballa arreo nos últimos encargos que recibiron hoxe na florería que comparte en Cambados con Manuel. No Día dos Namorados un dos clásicos que nunca morre é agasallar flores.

Nesta florería saben que por San Valentín soe triunfa-lo clásico. Con todo, eles queren darlle un toque diferente para facer deste día un chisco máis especial.

E aínda que sone a tópico, agasallar flores polo día dos namorados dá moi bo resultado. Para establecementos como este, estamos nunha das datas sinaladas no calendario.

E como ben dicía Manuel, os doces son tamén unha parte importante neste día do amor. Nestoutro establecemento de Cambados, as cores encarnadas e as formas de corazón son hoxe os que mandan no seu expositor.

Vanessa explícanos que entre o mais demandado están as tartas pequenas para compartir ou galletas con mensaxes. Con todo, aquí tamén hai lugar á innovación, por exemplo agasallando un delicioso almorzo ao noso namorado ou namorada a primeira hora da mañá.

Pois xa sexa con flores ou con doces o importante é hoxe celebra-lo amor. E para aqueles que non teñan parella, que mellor que un autoagasallo… xa se sabe que antes de nada hai que quererse primeiro a un mesmo.