Louzán non ve avances na reunión mantida con Pérez Touriño

    PROVINCIA > O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, entrevistouse esta mañá co presidente da Xunta para trasladarlle os temas que lle preocupan na nosa provincia. Entre outros temas falaron do reparto de fondos, os convenios de infraestructuras comprometidos pola anterior Xunta, as peaxes das autopistas ou o aeroporto de Peinador.

    A conclusión do presidente da Deputación sobre a reunión mantida esta mañá co presidente Touriño non podía ser máis clara. Tan pronto como rematou deu conta ós medios dos temas trasladados no encontro. Entre os temas tratados falaron da peaxe da autopista na provincia. Neste senso non houbo un compromiso en firme xa que o presidente da Xunta, comentou, é un aspecto no que está traballando aínda.

    Outro dos temas importantes foi o das comunicacións co aeroporto de Peinador, que Louzán as cualificou de insuficientes e inseguras. Pediulle así mesmo a aceleración das obras da alta velocidade no tramo sur de Galicia, e trasladoulle a súa preocupación polos custos que xere no futuro a comarcalización dos bombeiros. Tamén houbo espazo para falar de política urbanística nos pequenos concellos polo que se lle pediu ó rexedor autonómico que aporte técnicos na construcción a estes municipios.

    Sobre o traslado de Ence tampouco houbo avances posto que é un tema pendente dos informes que as consellerías de Medio Ambiente e Industria lle teñen que remitir aínda a Touriño.

    Redacción Salnés