![]()
VILAGARCÍA> Dende a CIG confésanse estafados. Se antes do venres o Igape nos adxudica as fábricas, iniciarase a subasta.
{flowplayer}images/salnes/MedidasCIGAlfageme_311012.flv{/flowplayer}
Peores novas non podían chegar para as traballadoras de Alfageme. Os administradores concursais veñen de comunicar que dan de prazo ata o venres á unha da tarde para que o Igape adxudique as fábricas de Ribadumia e Vilaxoán. De non cumprirse, entregarán no xulgado a documentación permitinente co que se iniciará a subasta.
Dende a CIG confésanse estafados e decepcionados. Din non entender por que a consellería non se decanta por unha das tres ofertas existentes. Ameazan con presentar unha querella criminal contra a Consellería de Industria e o seu titular Javier Guerra se é que non resolven este caso.
Segundo Abuín, no caso improbable de que os administradores concursais dean unha maior marxe, cre que a oferta do grupo El Consorcio será retirada.
Dende a CIG prometen guerra ata o último momento. Por iso teñen convocada xunto á CGT unha manifestación diante da sé do Igape o venres ás 12:30 horas.
Redacción Salnés







