As empresas de desinfección de pragas dedícanse exclusivamente a combater o coronavirus

VILAGARCÍA> As empresas que viron incrementadas a súa carga de traballo foron as de desinfección e prevención de pragas. Na situación na que nos atopamos, todos os seus traballos están enfocados a combater ao coronavirus.

As empresas de desinfeccións e prevención de pragas cobran unha gran importancia na situación de epidemia na que nos atopamos. O sector ve incrementada a súa carga de traballo pero única e exclusivamente para combater ao coronavirus.

Dende plagal realizan traballos tanto para os concellos, como para empresas ou particulares. As súas tarefas están enfocadas á prevención e a desinfección naquelas instalacións onde se confirmou un positivo.

A empresa leva 22 anos enfrontándose as pragas, por iso os seus traballadores contan con toda a protección necesaria para realzar o seu traballo.

O temor ao contaxio leva a moitos usuarios a chamar a diario a empresa para facer tarefas de desinfección. Dende Plagal advirten que non é necesario que soliciten os seus traballos a diario. Por iso aconsellan, que despois da súa actuación, a xente continúe desinfectando e limpando todas as superficies e zonas susceptibles de tocar, ademais de manter as medidas de hixiene recomendadas polo ministerio de sanidade.