Portonovo estrea a remodelada lonxa

    SANXENXO> Portonovo estrea lonxa completamente remodelada, co fin de poder compatibilizar o seu uso polos mariñeiros e tamén as visitas dos moitos turistas que cada ano se achegan a estas instalacións. A obra de reforma custou algo máis dous millóns de euros, cofinanciados pola Unión Europea nun 75 %.

    Portonovo estrea unha lonxa de vangarda; cunha estética moderna e cunha repartición interior do espazo que facilitará o traballo de xente do mar e, ó tempo, ás visitas dos moitos curiosos que teñen nesta rula un punto turístico de referencia. Esta actuación supuxo un investimento de 2.014.000 xestionados pola Xunta de Galicia e achegados nun 75 % pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Pesca. As novas instalacións de case 1.900 metros cadrados repártense en tres áreas diferenciadas: unha a propia lonxa, formada pola sala de subhastas con sistema automatizado; e a cámara frigorífica; as oficinas de servicios veterinarios e as instalacións de servizo. A segunda zona é a área de xestión e servizos de lonxa, formada polas oficinas de lonxa, os vestiarios e o almacén, o cuarto das instalacións e a sala multiusos. O terceiro espazo estará dedicado ós servicios xerais, ás dependencias de Portos de Galicia. Unha infraestructura que contarán con importantes melloras de cara ó aforro enerxético. O Patrón Maior portonovés quixo adicar as obras ós usuarios que nestes últimos meses tiveron que soportalas durante a súa xornada laboral.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/29/lonxa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/29/conselleira_portonovo.mp4{/flowplayer}