![]()
RIBEIRA> Nas últimas semanas estase a rexistrar unha vaga de roubos en distintos colexios e institutos do municipio.
{flowplayer}barbanza/rouboscolexiosribeira.flv{/flowplayer}
O primeiro dos roubos tiña lugar hai varias semanas no instituto Número 1 de Ribeira. Ó parecer os ladróns accederon ó interior do edificio despois de arrancar unha reixa dunha fiestra da parte traseira, a que dá cara o paseo de Coroso. Unha vez dentro leváronse varios ordenadores da aula de informática, así como diverso instrumental do laboratorio.
O outro dos roubos rexistrábase no colexio Bayón, a cuxo interior accederon despois de romper o cristal dunha fiestra. Deste centro educativo leváronse un ordenador de sobremesa e outro portátil, así como dous proxectores audiovisual.
Feitos illados
Dende o concello non quixeron darlle demasiada importancia a este tipo de sucesos. Segundo a edil de Educación, Mari Carmen Vizcaya, trátase de feitos aillados, e pouco habituais.
Detencións
Con relación ós feitos xa foi detido un menor, que responde ás iniciais de H. CH., e lle consta unha detención anterior por roubo con forza.
Dende a propia comisaría da Policía Nacional de Ribeira informaron tamén se que continúan coas investigacións para determinar se puideran existir máis persoas implicadas nestes feitos.
Redacción Barbanza








