POBRA> O BNG presentou un escrito no concello solicitando o desenvolvemento de campañas informativas sobre o funcionamento do punto limpo.
{flowplayer}barbanza/bngpobrapuntolimpo.flv{/flowplayer}
O BNG da Pobra vén de facerse eco das queixas de varios veciños sobre o mal funcionamento do punto limpo situado no polígono da Tomada.
Segundo os nacionalistas, o servizo empeorou dende que hai dous anos o concello adxudicara a recollida de residuos sólidos a unha nova empresa.
Ademais da falla de información que limita a utilización do servizo, denuncian que non todos os residuos son recollidos polo que os usuarios teñen que desprazarse a outros concellos para depositalos.
Redacción Barbanza