Nuno Costa e Esther Navarrete, gañadores da carreira Sin Son

    PORTO DO SON> Nuno Costa e Esther Navarrete proclamáronse vencedores da carreira Sin Son celebrada este domingo en Porto do Son. Os dous gañaderon marcaron o mellor tempo de tódalas anteriores edicións. O bo tempo favoreceu a alta participación nesta cita deportiva que xa se converteu nun referente do atletismo a nivel galego. Máis de mil cincocentos corredores mediron forzas neste percorrido en liña entre Portosín e Porto do Son. O portugués Nuno Costa e a viguesa Esther Navarrete fixéronse co ouro na categoría absoluta masculina e feminina con marcas que bateron récord con respecto ás pasadas edicións: 29. 48 para el e 34, 35 para ela. David Santos e Pablo Bocelo cimpletaron o podio masculino mentres que Esther Rodríguez e Clarisse María Pinho fixeron o propio na feminina. Pola súa banda, o padriño desta sexta edición, Iván Raña acadou un nada desdeñable sexto posto, moi por diante de corredores como os alcaldes de Ribeira e Porto do Son que xunto co vicepresidente da Xunta aproveitaron esta cita para poñer en práctica unha das súas afecciones. Como previa á carreira absoluta, durante a xornada do sábado desenvolvéronse as probas dos escolares, dende benxamíns a cadetes que se caracterizaron tamén pola altísima participación e polo ton festivo da xornada.