Investigan o envelenamento de varios gatos no barrio de Meloxo de Arriba

    gatos_grovecopy.jpgGROVE> Foi na tarde do sábado cando, tras recibir o aviso, voluntarios de Protección Civil se desprazaron ata o lugar e atoparon ós animais.

    {flowplayer}images/salnes/DenunciaGatosGrove.flv{/flowplayer}

    Varios gatos mortos e outros con síntomas evidentes de intoxicación. Este é o panorama que se atoparon na tarde do sábado os veciños do barrio de Meloxo de Arriba. Foron varios os que deron a voz de alarma e ata o lugar desprazouse a Policía Local e tamén varios voluntarios de Protección Civil.

    Foron capaces de recoller catro aínda con vida que foron trasladados a Vilagarcía, onde membros da protectora de animais se fixeron cargo deles e os levaron ó veterinario. Dende o Concello traballan xa para tratar de atopar ós culpables, e os veciños pola súa banda amosáronse sorprendidos por estes feitos, e a maioría asegura non saber nin os motivos nin tampouco quen eran os donos dos animais.

    O concelleiro asegura que a Policía xa está a levar a cabo a investigación pertinente para tratar de atopar ó responsable ou responsables do envelenamento. Aínda que tamén recoñece ser consciente de que non se trata dunha labor nada sinxela. Iso si, de dar con eles, tomaranse as medidas precisas.

    Por outra banda, a Policía do Grove tamén está a recibir nos últimos días, varias denuncias de veciños por mor dos cans soltos que andan pola rúa. Segundo Alfredo Bea as chamadas recibidas están sendo rexistradas para nun primeiro momento advertir ós propietarios, e de continuar nesta actitude, impoñer sancións.

    Redacción Salnés