O Congreso ratifica a quita para os afectados polas preferentes

     BARBANZA> O Congreso dos Deputados ratificou o Decreto de Protección dos titulares de preferentes que establece a arbitraxe como vía principal para recuperar os aforros.

    {flowplayer}barbanza/decretopreferentes.flv{/flowplayer}

    Día triste para os afectados polas participacións preferentes e subordinadas que vén na aprobación deste decreto a imposición definitiva da quita que será dun 43 por cento para os clientes de Nova Caixa Galicia. Esvaécense así as esperanzas de poder recuperar parte dos seus aforros xa que ademais da imposición da quita, o resto do importe investido canxéase por accións que no caso da entidade galega non cotizan en bolsa.

    En Arousa Norte estímase que hai ó redor de dous mil afectados dos cales un setenta por cento non cobrou aínda. A maioría acolléronse á vía da arbitraxe que se verá reforzada agora pola creación dunha comisión de seguimento que establecerá as directrices para atender as reclamacións.

    Os afectados critican duramente a postura do goberno da Xunta e do Estado ós que acusan de falla de vontade política xa que a solución está nas súas mans. Tampouco entenden porque o Ministerio Fiscal non iniciou un procedemento xudicial contra o que califican de estafa.

    Redacción Barbanza