Cáritas Ribeira abrirá o primeiro comedor social do Barbanza

    comedorsocialribeira.jpgRIBEIRA> A iniciativa botará a andar o vindeiro martes 20 de marzo coa colaboración desinteresada do restaurante Bayuca.

    {flowplayer}barbanza/comedorsocialribeira.flv{/flowplayer}

    O próximo martes, día 20 de marzo, está previsto que bote a andar en Ribeira o comedor social que estará situado nos baixos existentes na rúa Cristobal Colón. A iniciativa, a primeira que se porá en marcha na comarca, é froito do traballo conxunto de Cáritas Parroquial e o restaurante Bayuca. O establecemento hostaleiro, especialista no servizo de cátering, brindouse a ofrecer ó redor dunhas corenta comidas diarias destinadas a persoas necesitadas do municipio.

    Cota simbólica

    As persoas que fagan uso do comedor deberán aboar un euro. Unha cantidade simbólica que servirá para poder facer fronte ós gastos de limpeza do propio local.

    Aumento da demanda

    A asemblea local de Cáritas de Ribeira conta cun centenar de socios e máis dunha ducia de voluntarios que colaboran de forma habitual coas iniciativas que desenvolve a entidade, constituída formalmente hai máis de trinta anos, entre as que se atopan tamén a distribución de roupa e alimentos entre as persoas máis necesitadas.

    Redacción Barbanza