Detida unha parella de Vilanova pola presunta agresión a un hostaleiro

    cafeteria_nogalcopy.jpgVILAGARCÍA> Todo ocorreu o martes de madrugada cando a vítima, o propietario da Cafetería El Nogal, regresaba á súa casa despois de pechalo negocio.

    {flowplayer}images/salnes/AGRESION_HOSTALEIRO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Un parella de Vilanova, de 24 e 23 anos, foi detida por Axentes do Corpo da Policía Nacional de Vilagarcía coma presuntos autores dun delito de roubo con violencia e outro de lesións. Os feitos producíronse na madrugada de onte. Ó parecer os detidos agrediron a un hostaleiro da capital arousá cun bate de béisbol para roubarlle uns 2000 euros, a recadación do día. Un home de 24 anos de idade e a súa parella, unha muller de 23. Ambos veciños de Vilanova. Estas son as dúas persoas detidas coma presuntas autoras dun roubo con agresión que sufriu un hostaleiro de Vilagarcía na madrugada do martes día 13.

    Segundo informaron axentes da Policía Nacional os feitos producíronse ó redor das tres e media da madrugada. Ó parecer, a vítima, propietario da Cafetería El Nogal, situada na rúa Rei Daviña, circulaba no seu vehículo cara a súa casa despois de pechalo negocio. Nese momento foi interceptado e abordado por outro vehículo pertencente á parella detida.

    Nese instante os dous presuntos autores da agresión o golpearon cun bate de béisbol e lle roubaron a recadación do día, case dous mil euros. Coma consecuencia do golpe, este hostaleiro atópase ingresado en estado grave no Hospital Xeral Cíes de Vigo.

    No momento da detención dos dous veciños de Vilanova, os axentes da Policía Nacional recuperaron os 1960 euros e outros efectos relacionados cos feitos. Ademais, nun monte próximo, tamén recuperaron o bate de béisbol co que presuntamente foi golpeada a vítima.

    Con todo, os comerciantes da rúa Rei Daviña sinalaron que foi un feito puntual e que si se senten seguros ó pechar os seus negocios. Aínda así, cos tempos que corren, aseguraron moitos, hai que ser cautos.

    Os dous detidos xa foron postos a disposición da xuíza titular do xulgado de instrución número un de Vilagarcía.

    Redacción Salnés