AMBAR promove a formación para a asistencia a persoas dependentes

    presentacioncursoambar_100_120207.jpgRIBEIRA > AMBAR organiza un curso para a formación de asistentes persoais … 

    … que dean servizo a persoas en situación de dependencia. A convocatoria, dirixida fundamentalmente a desempregados, levarase a cabo en cinco concellos da zona.

    A nova Lei de Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de Dependencia, contempla a figura dun asistente persoal cualificado para presta-los servizos que precise este colectivo. Co obxectivo de formar a profesionais nesta materia, a Asociación de Persoas con Diversidade Funcional do Barbanza (AMBAR), convocou un curso de Asistente Persoal.

    A actividade, que se estrutura en cinco módulos, desenvolverase nos concellos de Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Boiro e A Pobra.

    O número de prazas ofertadas e de 15 por cada concello e os requisitos para inscribirse son ser maior de idade, ter facultades para desempeñar funcións de carácter social e o certificado de estudos primarios.

    Os contidos que se tratarán no curso son moi variados, dende a introdución a asistencia persoal, aspectos éticos e prácticos ou habilidades e coñecementos para desempeñar estas funcións. Ademais, a asistencia aboradarase dende distintos puntos de vista,tanto dende os propios usuarios do servizo como a vertente psicolóxica ou incluso a prevención de riscos.

    Bolsa de Emprego

    Como complemente ó curso, AMBAR vai poñer en marcha unha bolsa de traballo que permita a inserción laboral dos asistentes.

    A formación adquirida no curso, que se iniciará proximamente, vai máis aló do campo da asistencia e permitirá ós participantes traballar coas persoas dependentes noutros campos, facilitando a súa participación activa na sociedade.

    Redacción Barbanza