Dous detidos en relación co atraco da sucursal de Caixanova

    atracocaixanovacatoira_100_090207.jpgCATOIRA > Un veciño de Vilagarcía e outro de Pontecesures foron detidos hoxe como autores do atraco cometido esta mañá …

    … na sucursal da entidade Caixanova en Catoira. Os detidos responden ás iniciais J.M.I.G. de 40 anos, e J.C.R.M., de 30 respectivamente.

    atracocaixanovacatoira_200_090207.jpgAxentes da garda civil e da policía local de Vilagarcía detiveron a dous individuos que esta mañá atracaron presuntamente a sucursal de Caixanova en Catoira. Segundo fontes policiais, dous homes entraron na oficina da rúa Eloy Domínguez ás doce e cuarto do mediodía coa cara tapada con pasamontañas. Armados cun coitelo e unha pistola ameazaron ós empregados antes de fuxir co botín. Na sucursal non quixeron informar da cantidade de diñeiro da que se apoderaron os dous atracadores. Para fuxir utilizaron unha motocicleta estacionada nas inmediacións e pouco máis tarde separáronse.

    O dispositivo policial permitiu detelos pouco despois, trátase de J.C.R.M., de 30 anos e veciño de Pontecesures e de J.M.I.G. de 40, de Vilagarcía de Arousa. Con tal motivo a oficina catoiresa permaneceu pechada durante a mañá. Pola tarde abriu con normalidade ata as sete, como tódolos xoves. Non é o primeiro caso por este ano. Fai menos dun mes producíase un atraco noutra sucursal de Caixanova, nesta ocasión na parroquia vilagarciá de Bamio.

    Redacción Salnés