RIBADUMIA> O Pole Sport regresa a Ribadumia coa gala de fin de curso da escola Chassé. Máis de 130 alumnos e alumnas participarán nun evento que inclúe Pole Dance, Capoeira, Ballet e ioga. As novidades deste ano é que a gala incluirá a variante Pole Exotic e as representacións recrearán unha historia.
A escola Chassé afincada en Ribadumia está especializada en diferentes modalidades artísticas e deportivas, sendo o Pole Dance e a súa variante deportiva, o Pole Sport a que máis destacan. O traballo de todo o ano na escola mostrarase ao público o vindeiro sábado no auditorio de Ribadumia.
Esta novidade é outra das variantes do Pole Dance que se practican no centro.
A outra das novidades é que todas as disciplinas formarán unha historia.
Na gala participarán máis de 130 alumnos e alumnas dos 260 cos que conta o centro. O Pole Dance non deixa de crecer debido principalmente a que cada vez hai menos prexuízos con esta modalidade deportiva. As alumnas do centro destacan as vantaxes de practicar este deporte.
Na gala participarán tamén a Asociación de Pole Sport do Salnés e a escola de danza A Saleta de Meis. Haberá dous pases, un as 5 e o outro ás 7 e media. As entradas están á venda na propia escola aínda que na segunda sesión xa están todas vendidas.











