![]()
VILAGARCIA > Vilagarcía presentou dúas campañas conxuntas para o Nadal sobre a compra de xoguetes e agasallos…
coas que pretende concienciar ós consumidores da importancia de mercar con sentido, e coñecendo os dereitos dos que dispoñemos. A concelleira de Consumo e Promoción Económica, Rosa Abuín, dixo que perseguen unha campaña de xoguetes que elimine as tradicións sexistas, e ademais fomentar na compra dos produtos máis típicos destas o respecto ó medio ambiente.
Dende a asociación galega de consumidores insisten na importancia de planea-las compras e organizar un orzamento no que reflexemos tódolos gastos previstos, para logo non levar sorpresas no remate das festas. Ademais cando merquemos non podemos esquecernos de gardar os tiques de compra, comparar prezos, evita-lo uso indiscriminado das tarxetas de crédito, ou de mirar o etiquetado dos produtos. E cando se trate de xoguetes hai que aumentar as precaucións.
Hai que pedir sempre os tiquets de compra ou facturas xa que son o documento co que contan os consumidores para esixir os seus dereitos ante posibles devolucións, cambios ou reclamacións. Vilagarcía conta xa con varios comercios adheridos ó sistema de Arbitraxe de Consumo, que garante a resolución rápida e gratuíta ante calquera problema.
Redacción Salnés







