Suspensión de dous anos para un policía por non acudir a un accidente

    sancionpolicialocalpobra100.jpgPOBRA> O TSXG decretou a suspensión de emprego e soldo durante dous anos para un policía local por negarse a acudir a un accidente de tráfico.

    {flowplayer}barbanza/sancionpolicialocalpobra.flv{/flowplayer}

    Dous anos suspendido de emprego e soldo. Esta é a pena establecida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para un policía local da Pobra por terse negado a acudir a un accidente de tráfico no que se requiría a súa presenza.

    Os feitos aconteceron en decembro do 2009 cando se rexistrou un sinistro á altura da rotonda do polígono da Tomada. Malia que recibiu varios avisos tanto dos particulares afectados, como do 112 e de protección civil, o axente non se presentou no lugar do accidente.

    Ante as queixas recibidas, a xefatura iniciou unha investigación e o concello abriu un expediente sancionador. Trala presentación de varios recursos, o tribunal dterminou que que incorreu nunha falta moi grave aplicando unha sanción de dous anos, dos que actualmente xa leva cumpridos sete meses.

    Esta non é a primeira sanción que recibe este axente que, nos máis de dez anos que leva no corpo, xa conta con varios expedientes por diversas faltas como, por exemplo, non presentar os partes de baixa.

    Redacción Barbanza