Veciños de Trabanca Sardiñeira piden que lles devolvan o buzón

    VILAGARCIA> A Asociación de Veciños Santiago de Afóra e Comunidade de Montes de Trabanca Sardiñeira, en Vilagarcía, denuncian que o Concello…

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_vecinos_trabanca.flv{/flowplayer}

     … lles retirou esta semana a caixa de correo e o taboleiro de anuncios da Casa da Cultura. Tras terllo colocado fai 20 días a petición dos socios destas dúas asociacións, agora os operarios municipais volveron a retiralo sen dar explicación algunha.

    Os algo máis de 300 socios cos que contan estas dúas asociacións aseguran que sen o taboleiro non teñen onde enterarse das novidades e sen o buzón non teñen onde recibir as cartas dos dous colectivos. E mais, arestora están a esperar unha correspondencia moi importante para o seu futuro e non saben se non llela entregaron por non ter onde ou se llela levaron canda o buzón.

    Segundo se ven de publicar, o Concello asegura que foron outros veciños os que lle pediron que retirasen o taboleiro e o buzón. Ó parecer un malentendemento entre as asociacións que empregan esta casa da cultura podería estar detrás deste tira e afrouxa.

    A Asociación Veciñal e a de Montes asegura que teñen dereito a contar cas súas propias infraestructuras, e mais cando esta casa da cultura se fixo en terreos da súa propiedade e eles destínana ó uso da veciñanza. De non teren resposta de inmediato anuncian unha reunión xeral na que acordaran as medidas a adoptar.

    Redacción Salnés