O Enobús arrinca a súa andadura por trece adegas de O Salnés

    CAMBADOS> O “Enobús” de Cambados arrincou a súa actividade, este martes, e fixo por todo o alto. Unha ampla representación dos concellos de O Salnés participaron neste primeiro viaxe, que terá un custe de 10 euros por billete. Unhas trece adegas pertencentes aos diferentes concellos que conforman a comarca de O Salnés forman parte do circuíto, que dende este martes, calquera persoa que queira poderá realizar, previo pago de 10 euros. “Enobus” como así se chama esta iniciativa, está recollida dentro do programa de actividades deseñado para promover a Cidade Europea do Viños 2017. O “Enobus” realizou a súa primeira viaxe institucional na que participaron numerosos rostros políticos e sociais de O Salnés, entre eles o presidente da Mancomunidade de O Salnés, quen sinalou a importancia de apoiar a Cambados neste ano tan importante para a vila. Esta iniciativa terá un custe de 10 euros por billete para todos os cidadáns que queiran participar nel. Así que xa saben, si lles gusta o viño, e dispoñen de 10 euros e 2 horas libres, que mellor maneira de investilos que facendo unha ruta no “Enobus”.