Os 19 participantes do Obradoiro Vista Real V obteñen os certificados profesionais en redes e xardinería

VILANOVA> Vilanova pecha os obradoiros de emprego vista real 2020. 19 participantes formáronse nas modalidades de redes e Forestais. Os alumnados obterá agora o certificado de profesionalidade.

O concello de Vilanova celebrou a acto de clausura do V obradoiro de emprego Vista Real. Nesta ocasión formáronse 19 alumnos nos módulos de Redes e Xardinería. Despois dun ano de traballo, os participantes obtiveron o certificado de profesionalidade no seu módulo correspondente.

O módulo de redes contou este ano coa súa terceira edición. Durante todos estes cursos, o seu principal traballo estivo enfocado a instalar a fibra óptica por todas as parroquias da vila.

Pola súa parte, dende o módulo de xardinería encargáronse de mellorar todos os espazos naturais do municipio.

O acto pechouse cunha degustación de comida elaborada polo obradoiro de hostalería Mar de Santiago. Outro dos obradoiros que a Xunta de Galicia finanza en Vilanova de Arousa. Nas próximas datas, tanto a administración autonómica como o concello poñerá en marcha unha nova edición dos obradoiros de emprego Vista Real.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí