Combarro celebra este ano o seu 40 aniversario coma Conxunto Histórico

    combarrocopy.jpgPOIO> Para elo, Concello e a asociación A Solaina veñen de asinar un acordo de colaboración. En abril presentarán o programa de actividades.

    {flowplayer}images/salnes/ANIVERSARIO_SOLAINA.flv{/flowplayer}

    En 1972 foi declarado Combarro Conxunto Histórico e Artístico. Corenta anos despois, a Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico Artístico de Combarro, A Solaina, e o concello de Poio únense para conmemorar o 40 aniversario deste día.

    Para elo, asinaron un convenio de colaboración no que ambos manifestan o seu compromiso con dita celebración. A finais do mes de abril está previsto que presenten o programa de actividades. Entre elas agardan poder facer unha exposición sobre a obra do pintor Carlos Maside, un ciclo de conferencias, visitas guiadas e un acto final coincidindo co día no que se declarou Combarro Conxunto Histórico.

    Amais destas actividades, desde o concello sinalaron que no prazo dun mes todos aqueles que o desexen poden presentar as súas propostas de actividades que tamén se poderán incluír. Pero antes de coñecelo calendario da programación, o que xa se puido ver foi o logotipo que estará presentes en todas elas.

    Pola súa banda, o alcalde, Luciano Sobral, confesou que este acordo foi aprobado por toda a corporación no pleno do mes de decembro ó entender que coa conmemoración do 40 aniversario se pon en valor o patrimonio cultural da vila.

    Luciano Sobral pechou a presentación animando a seguir traballando por Combarro e por esa condición de Conxunto Histórico.

    Redacción Salnés